Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración dun vehículo autobomba urbano lixeiro (BUL), de primeira saída, con destino á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SUEI 15/AMP.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23203

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración dun vehículo autobomba urbano lixeiro (BUL) de primeira saída con destino á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) CPV: 34114000-9 / 34114100-0 / 42415320-7.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 159, do 21 de agosto de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 205.785,12 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 205.785,12 €.

Importe total: 249.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de outubro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 14 de outubro de 2015.

c) Contratista: Vehículos, Equipamientos y Carrocerías Prieto-Puga, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 199.851,00 €. Importe total: 241.819,71 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza