Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42589

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2015, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 16 de outubro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 18 de febreiro de 2015 (DOG núm. 38, do 25 de febreiro), modificada pola Orde do 17 de marzo de 2015 (DOG núm. 55, do 23 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas, acordou, de conformidade co disposto na base II.3.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 1 de decembro de 2015, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul. No caso de que sexa necesaria, os aspirantes serán provistos de calculadora por parte do tribunal, e queda prohibido o uso de calculadoras distintas ás que se lles faciliten.

Consonte a base II.2.3 da convocatoria, para o desenvolvemento deste exercicio os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios; admítense as súas versións consolidadas, aquelas en que figuran notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Está expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, temarios, informes, resolucións ou ditames de calquera tipo.

Durante o desenvolvemento do exercicio, os membros do tribunal poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido nos parágrafos anteriores. O uso de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión do aspirante.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2015

Miguel Ángel Veiga Campo
Presidente do tribunal