Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42531

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de obras de rehabilitación e restauración do Hospital do Espírito Santo con destino a biblioteca e arquivo histórico.

Aprobado por acordo do Pleno do Concello de Baiona do 7.10.2015 o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán o procedemento para a adxudicación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, con varios criterios de adxudicación, para a execución das obras de execución da obra de rehabilitación e restauración do inmoble denominado Hospital do Espírito Santo con destino a biblioteca e arquivo histórico, segundo o proxecto de execución redactado polo arquitecto Óscar López Alba, procédese á súa publicación e á apertura do prazo de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Baiona.

2. Obxecto da licitación: proxecto de rehabilitación e restauración do inmoble denominado Hospital do Espírito Santo con destino a biblioteca e arquivo histórico.

3. Prazo: doce meses.

4. Prezo de licitación: 1.228.943,47 € máis IVE 258.078,13 €, cun importe total de 1.487.021,60 €.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación.

6. Garantías. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación, excluído o IVE.

7. Financiamento: o proxecto finánciase parcialmente con cargo ás axudas para actuacións de conservación ou enriquecemento do patrimonio histórico español: programa 1,5 % cultural do Ministerio de Fomento polo importe de 1.040.915,12 €, e o resto, 446.106,48 €, con cargo a fondos propios.

8. Clasificación do contratista:

Neste caso será necesario que os licitadores teñan a seguinte clasificación:

– Grupo K: especiais.

– Subgrupo 7: restauración de inmobles histórico-artísticos.

– Categoría e): anualidade superior a 840.000 €.

9. Criterios de adxudicación: véxase o prego de condicións.

a) Menor prezo sobre o previsto na licitación: ata 20 puntos.

b) Maior prazo de garantía das obras, sobre o previsto legalmente: ata 10 puntos.

c) Maior control de calidade externo (que será retido pola Administración en cada certificación de obra): ata 10 puntos.

10. Lugar e prazo de presentación: presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Baiona, das 9.00 ás 14.00 horas, durante o prazo de vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación, o cal se realizará no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

11. Documentación que cómpre presentar: véxanse os pregos que rexen a licitación (www.baiona.org).

12. Apertura de ofertas: ás 13.00 horas do noveno día hábil seguinte ao día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas.

Baiona, 8 de outubro de 2015

P.D. (Decreto 5.10.2015)
Ángel Rodal Almuíña
Alcalde en funcións