Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de execución dos hortos terapéuticos da cuberta da fase I do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, en execución do proxecto Hospital 2050, subproxecto 7 de hospitalización experimental, desenvolvido no marco do convenio asinado co Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do programa operativo I+D+i por e para o beneficio das empresas, Fondo Tecnolóxico 2007/2013, e cofinanciado nun 80 % polo Feder, eixe 1, tema prioritario 02 (expediente NB-SER3-15-008).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: NB-SER3-15-008.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: contratación da obra de execución dos hortos terapéuticos da cuberta da fase I do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, en execución do proxecto Hospital 2050, subproxecto 7 de hospitalización experimental, desenvolvido no marco do convenio asinado entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía y Competitividad, dentro do programa operativo I+D+i por e para o beneficio das empresas, Fondo Tecnolóxico 2007/2013, e cofinanciado nun 80 % polo Feder, eixe 1, tema prioritario 02.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: na web do Sergas e na plataforma de contratos de Galicia o 30.6.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con base no artigo 171.d) do TRLCSP.

4. Valor estimado do contrato: 199.964,57 € sen IVE.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 199.964,57 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 241.957,13 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6 de outubro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 14 de outubro de 2015.

c) Contratista: Vías y Construcciones, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 163.770,98 €. IVE (%) 21 %. Importe total: 198.162,89 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta da adxudicataria foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. Poden verse os informes de valoración publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económico