Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.
Denominación: apoio de entroncamento para conexión en AT do CT intemperie 160 kVA iluminación pública entre A-54 e A-6 Corvelle-Nadela.
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas: instalación dun apoio metálico tipo AM-C-3000-22 entre os apoios 9 e 10 da LMT der. Corvelle.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla núm. 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 15 de outubro de 2015
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo