Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42329

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal desta entidade no exercicio 2015.

A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na súa reunión do 21 de setembro de 2015, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal, encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2015: axudas para a atención a discapacitados. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2015

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega