Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de San Sadurniño (expediente IN407A 2015/251-1).

Expediente: IN407A 2015/251-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CT, RBT Escoitadoira.

Concello: San Sadurniño.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Escoitadora, a 20 kV, cunha lonxitude de 1.040 m, con orixe en paso aéreo-subterráneo que se vai realizar na fachada da caseta do CT Castrelo (expte 8798), onde se conectará a LMT CDR-805, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV-1×240 Al e final no CT Escoitadoira (proxectado).

Centro de transformación prefabricado Escoitadoira, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que acompaña a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 6 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2015/251-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT, RBT Escoitadoira.

Concello: San Sadurniño.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

m2

1

O Colado

Prado

Francisco Díaz Rodríguez

Centro de transformación, caseta e acceso

26.0