De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encomenda de xestión para o ano 2015 do Instituto Enerxético de Galicia-Inega ao Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, coas seguintes características:
– Actividade: servizos para a elaboración dun inventario ambiental da área experimental para o aproveitamento de enerxías mariñas que se espera instalar nas proximidades do porto exterior da Coruña e unha análise e planificación da xestión dos interesados nesa área experimental.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intrasubxectiva, ao ter a Fundación Cetmar a consideración de medio propio instrumental da Administración, de acordo co previsto no artigo 24.6 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: ata o 15 de setembro de 2015.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2015
Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia