Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2015/66-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento da LMT pista Morgade.

Situación: Xinzo de Limia.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV, de 15 m de lonxitude e condutor RHZ1 12/20 kV-3×240 AI e con orixe no PAS proxectado na LMT XIN806 e remate no CT 4 situado en Xinzo de Limia.

LMT subterránea a 20 kV, de 15 m de lonxitude con condutor RHZ1 12/20 kV 3×240 AI e orixe no PAS proxectado na LMT XINZ806 e remate no CT 1 do parque empresarial de Xinzo de Limia.

Orzamento: 27.345,35 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á devantida instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen perxuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 8 de outubro de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense