Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 23 de outubro de 2015, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica ás persoas interesadas o requirimento de documentación complementaria relativa á subvención do Programa de rehabilitación edificatoria do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

De conformidade cos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo o requirimento relacionado coa súa solicitude de subvención do Programa de rehabilitación edificatoria do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, para que nun prazo de dez días hábiles emenden ou xunten os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición logo da correspondente resolución, de conformidade co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Para estes efectos, infórmase que os expedientes de solicitude de subvención se atopan á súa disposición nas oficinas dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), situadas en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

A eficacia deste acto queda supeditada á publicación no TEU do BOE.

A Coruña, 23 de outubro de 2015

Rosa Mª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 201515RHED000106/15.

Nome: Juan Manuel Eiras Otero. CC.PP. Avenida Barrié de la Maza, nº 22.

Enderezo: avenida Pedro Barrié de la Maza, 22, entresollado, A Coruña.

Asunto: requirimento de documentación.

Expediente: 201515RHED000108/15.

Nome: Patricia Lage Rodríguez. CC.PP. Peruleiro, 9.

Enderezo: avenida Fisterra, 255, baixo dereita, A Coruña.

Asunto: requirimento de documentación.

Expediente: 201515RHED000096/15.

Nome: Isidoro Teira Fernández. CC.PP. Praza Roxa, 1, e S. Pedro Mezonzo, 1.

Enderezo: rúa Montero Ríos, 1, entresollado, Santiago de Compostela.

Asunto: requirimento de documentación.

Expediente: 201515RHED000096/15.

Nome: Isidoro Teira Fernández. CC.PP. Praza Roxa, 1, e S. Pedro Mezonzo, 1.

Enderezo: rúa Montero Ríos, 1, entresollado, Santiago de Compostela.

Asunto: requirimento de documentación.