Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2015 pola que se fai pública a adxudicación e formalización dun contrato administrativo.

Para os efectos do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que, mediante resolucións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en uso das facultades conferidas pola Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS; polo Decreto 288/1988, do 29 de setembro, que a desenvolve; polo artigo 4.2.e) do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS, e pola Resolución do 23 de xuño de 2010, de delegación de funcións en materia de contratación no director xeral do IGVS, foron formalizados os seguintes contratos:

Título: obras de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase da Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra de Miño-As Neves (PLISAN), expediente: PLISAN-2015/URB01.

• Sistema de adxudicación: procedemento aberto.

• Data de resolución da adxudicación: 24.9.2015.

• Adxudicataria: UTE Construcciones Taboada y Ramos, S.L.-Construcciones, Obras y Viales, S.A. (COVSA)-Civisglobal, S.L.U.

• Importe: 8.497.400 € (IVE excluído).

• Formalización: 15.10.2015.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo