Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42151

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de convocatoria 2015 das subvencións de concorrencia competitiva e axudas económicas individuais para persoas con talento deportivo.

No BOP de Lugo número 244, do 24 de outubro de 2015, publicouse o texto íntegro das bases xerais reguladoras das subvencións de concorrencia competitiva e as axudas económicas individuais para persoas con talento deportivo, correspondentes ao exercicio 2015, outorgadas polas áreas de Participación Cidadá e Deportes do Concello de Lugo, aprobadas pola Xunta de Goberno Local os días 14 e 21 de outubro de 2015, respectivamente.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que as persoas interesadas poidan presentar as solicitudes que consideren oportunas, no prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 22 de outubro de 2015.

P.D. (Decreto do 6.7.2015)
José Manuel Díaz Grandío
Tenente de alcalde de Deportes e Infraestruturas Urbanas