Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42152

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2015 referente á apertura dun novo prazo de presentación de instancias (expediente 2014/02 ps).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 51, do 16 de marzo de 2015, publicouse a Resolución da Alcadía-Presidencia, do 19 de febreiro de 2015, para a apertura dun novo prazo de presentación de instancias de vinte (20) días naturais para aquelas persoas que no prazo da convocatoria publicada o 9.9.2014 no BOE núm. 219 (prazo que comprendía desde o 10.9.2014 ao 29.9.2014) cumprían todos os requisitos establecidos nas bases agás o de «non ter cumpridos os 36 anos».

O prazo para a presentación das solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan conforme as bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, así como no taboleiro de anuncios deste concello.

Nigrán, 2 de outubro de 2015

Juan Antonio González Pérez
Alcalde