Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42099

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (761/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Juan Manuel Rodríguez Lamas contra Semar Aluminio, S.L., en reclamación por cantidade, rexistrado co número de procedemento ordinario 761/2012, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei de xurisdición social, citar a Semar Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 24 de novembro de 2015, ás 13.15 horas, na planta baixa, sala 1, do edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Requirir a demandada Semar Aluminio, S.L. para que achegue os documentos solicitados no punto II. Outrosí, que se relacionan no escrito de demanda e que se dá por reproducido. Deberaos presentar con cinco días de antelación ao acto de xuízo, coa advertencia de que, de non o facer, se poderán considerar probadas as alegacións feitas pola parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

De ser o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, de ser o caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo (artigo 87 da LXS).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Semar Aluminio, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2015

A secretaria xudicial