A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir postos de traballo mediante contrato temporal de remuda ao 75 % da xornada:
– 1 praza de policía portuario/a, concurso de méritos.
– 2 prazas de xefe/a de equipo de policía portuario/a, concurso de méritos.
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, nº 1.
As solicitudes deberán presentarse, no prazo de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este rematará no seguinte día hábil.
Vigo, 27 de outubro de 2015
Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo