Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42173

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ANUNCIO da convocatoria de selección para o posto de coordinador/a da Unidade Territorial Sur (provincia de Pontevedra e Ourense).

O Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. acordou, na súa reunión do 6 de outubro de 2015:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura do posto de coordinador/a da Unidade Territorial Sur, provincia de Pontevedra e Ourense, de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

Segundo. Aprobar as bases polas que se rexerá o proceso de selección e que se atopan publicadas na páxina web: xesturgalicia.com

O prazo para a presentación de solicitudes rematará transcorridos quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As proposicións presentaranse no Rexistro de Xestur Galicia (local 25 Z, 1º andar, Área Central CC, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela) ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Neste caso deberá remitirse por fax ao seguinte número: 981 54 19 85, e antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, a solicitude rexistrada e a relación individualizada dos méritos que se aleguen.

Para estes efectos, a hora de peche do Rexistro será ás 14.00 horas. Se coincidir en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2015

Jorge Carballeira Fernández
Xerente de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.