Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42046

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establece a convocatoria para o ano 2015 e se particulariza o seu importe global máximo, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos de acondicionamento mariño e rexeneración, financiados polo Fondo Europeo de Pesca (FEP), que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan de forma sustentable a mellorar a xestión e conservación dos recursos mariños vivos, tramitada como anticipado de gasto (Diario Oficial de Galicia número 30, do 13 de febreiro de 2015).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, punto 4, da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establece a convocatoria para o ano 2015 e se particulariza o seu importe global máximo, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos de acondicionamento mariño e rexeneración, financiados polo FEP, que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan de forma sustentable a mellorar a xestión e conservación dos recursos mariños vivos, tramitada como anticipado de gasto, que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2015

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar

ANEXO

1. Finalidade: acondicionamento mariño e rexeneración, que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan de forma sustentable a mellorar a xestión e conservación dos recursos mariños vivos.

2. Financiamento: aplicación orzamentaria 12.31.723A.770.1, proxecto contable 201100802, cofinanciada nun 75 % polo Fondo Europeo da Pesca (FEP).

3. Beneficiarios e axudas concedidas:

Expediente

CIF

Solicitante

Proxecto

Total concedido

PE209B-2015-001

G36012821

Confraría de pescadores de Arcade

Acondicionamento do substrato en zonas intermareais improdutivas do río do Medio (bancos intermareais enseada de San Simón)

13.000,00

PE209B-2015-002

G36012821

Confraría de pescadores de Arcade

Acondicionamento do substrato en zonas intermareais improdutivas do río Alvedosa (bancos intermareais enseada de San Simón)

12.469,60

PE209B-2015-003

G36012821

Confraría de pescadores de Arcade

Acondicionamento do substrato en zonas intermareais improdutivas do Puntal (bancos intermareais enseada de San Simón)

11.752,00

PE209B-2015-004

G15027220

Confraría de pescadores de Carreira e Aguiño

Mellora da produtividade da ameixa babosa nas autorizacións marisqueiras (arquipélago de Sálvora)

18.000,00

PE209B-2015-005

G15027220

Confraría de pescadores de Carreira e Aguiño

Mellora da produtividade da ameixa babosa nas autorizacións marisqueiras (banco de Carreiro)

18.000,00

PE209B-2015-007

G15033087

Confraría de pescadores de Ribeira

Acondicionamento mariño e rexeneración confraría de Ribeira (zona Coroso e Mosqueiros)

20.500,00

PE209B-2015-008

G15036742

Confraría de pescadores de Pontedeume

Acondicionamento da Tasca, da Pía, do Día Oito e das Croas Grande e Pequena na enseada de Pontedeume para 2015

36.697,00

PE209B-2015-009

G36293272

Confraría de pescadores de Vilaboa

Rexeneración de bancos marisqueiros improdutivos de Vilaboa ano 2015

82.774,00

PE209B-2015-010

G15043953

Confraría de pescadores de Cabo de Cruz

Rexeneración e acondicionamento dos bancos marisqueiros submareais nas praias do Chazo, Triñáns e Mañóns 2015

38.536,00

PE209B-2015-011

G15043953

Confraría de pescadores de Cabo de Cruz

Rexeneración e acondicionamento dos bancos marisqueiros intermareais nas praias do Chazo, Barraña, Triñáns e Mañóns 2015

52.290,00

PE209B-2015-012

G27004472

Confraría de pescadores do Vicedo

Acondicionamento e rexeneración dos bancos marisqueiros do Vicedo

3.990,00

PE209B-2015-013

G36013597

Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa

Mellora da capacidade produtiva do Rego do Alcalde e do Ariño

9.230,00

PE209B-2015-014

G36049161

Organización de produtores de mariscos e cultivos mariños da provincia de Pontevedra OPP 20

Acondicionamento e rexeneración desde embarcación da Illa de Arousa 2015

26.670,00

PE209B-2015-015

G36049161

Organización de produtores de mariscos e cultivos mariños da provincia de Pontevedra OPP 20

Acondicionamento e rexeneración a pé da Illa de Arousa 2015

41.752,00

PE209B-2015-016

G15037401

Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal

Acondicionamento e rexeneración da zona submareal do banco de Raposiños

75.667,50

PE209B-2015-017

G15032642

Confraría de pescadores de Rianxo

Rexeneración do banco da ría de Beluso na zona intermareal (Taragoña-Rianxo)

21.750,00

PE209B-2015-018

G15032642

Confraría de pescadores de Rianxo

Rexeneración do banco marisqueiro comprendido entre p. Corna e p. Fincheira

67.200,00

PE209B-2015-019

G36618510

Confraría de pescadores de Baiona

Acondicionamento e rexeneración do banco marisqueiro desde embarcación da confraría de Baiona

4.000,00

PE209B-2015-021

V36362879

Agrupación de Lonxa de Campelo, AIE

Mellora das condicións do sedimento no banco da Puntada

1.900,00

PE209B-2015-022

V36362879

Agrupación de Lonxa de Campelo, AIE

Rexeneración do lombo de area e da zona lodosa do banco dos Praceres. Fase III

20.000,00

PE209B-2015-023

F36010916

Confraría de pescadores de Redondela

Acondicionamento e rexeneración do banco intermareal da Barra. Fase 5

38.210,00

PE209B-2015-024

G36619252

Confraría de pescadores de Vigo

Rexeneración do banco de Areíña

1.700,00

PE209B-2015-025

G36619252

Confraría de pescadores de Vigo

Rexeneración do banco de Toralla

1.700,00

PE209B-2015-026

G36014744

Confraría de pescadores do Grove

Rexeneración do banco de marisqueo desde embarcación no Lombo do Medio

11.400,00

PE209B-2015-027

G36014744

Confraría de pescadores do Grove

Rexeneración do banco marisqueiro desde embarcación sur da Toxa Pequena

25.800,00

PE209B-2015-028

G36014744

Confraría de pescadores do Grove

Rexeneración de zonas improdutivas do banco de marisqueo a pé de Vía Sur

17.000,00

PE209B-2015-029

G36014744

Confraría de pescadores do Grove

Rexeneración de subzonas improdutivas do banco de marisqueo a pé de Correlo

12.000,00

PE209B-2015-030

G36012813

Confraría de pescadores do Carril

Acondicionamento mariño e rexeneración (marisqueo a pé)

76.959,00

PE209B-2015-031

G36012813

Confraría de pescadores do Carril

Acondicionamento mariño e rexeneración (marisqueo desde embarcación)

15.000,00

PE209B-2015-032

G36012847

Confraría de pescadores de Cambados

Acondicionamento para a mellora de produtividade do banco marisqueiro de Fefiñáns

24.500,00

PE209B-2015-033

G36012847

Confraría de pescadores de Cambados

Acondicionamento para a mellora de produtividade do banco do Monzón

28.371,40

PE209B-2015-034

G36012854

Confraría de pescadores de Vilaxoán

Rexeneración e acondicionamento dunha parte do submareal do banco marisqueiro de Canelas

33.000,00

PE209B-2015-035

G36012854

Confraría de pescadores de Vilaxoán

Rexeneración e acondicionamento dunha parte do submareal do banco marisqueiro de Castelete

9.000,00

PE209B-2015-036

G36012854

Confraría de pescadores de Vilaxoán

Acondicionamento e rexeneración do Rial

10.548,77

PE209B-2015-037

G36015212

Confraría de pescadores de Moaña

Rexeneración do banco marisqueiro da praia da Xunqueira-Moaña

15.138,50

PE209B-2015-038

G36015212

Confraría de pescadores de Moaña

Rexeneración do banco marisqueiro da praia de Meira-Moaña

8.066,50

PE209B-2015-039

G36293272

Confraría de pescadores de Vilaboa

Rexeneración do banco sublitoral Área Nova do Cabalo

32.525,00

PE209B-2015-040

G36015212

Confraría de pescadores de Moaña

Rexeneración da praia de Domaio

8.264,00

PE209B-2015-041

G15033103

Confraría de pescadores de Camariñas

Rexeneración enseada da Vasa e Paxariña 2015

11.429,67

PE209B-2015-042

G15495997

Asociación de mariscadoras de Baldaio

Rexeneración e adecuación dos bancos marisqueiros de Baldaio 2015

3.322,73

PE209B-2015-043

G15035306

Confraría de pescadores de Miño

Arado dos bancos marisqueiros Miño

2.500,00

PE209B-2015-044

G15033186

Confraría de pescadores de Barallobre

Rexeneración e acceso ao lombo de Neda

36.450,00

PE209B-2015-045

G15033186

Confraría de pescadores de Barallobre

Rexeneración das praias de Barallobre e Maniños

5.950,00

PE209B-2015-046

G15035116

Confraría de pescadores de Ferrol

Rexeneración do banco marisqueiro a pé da Cabana

46.125,00

PE209B-2015-047

G15035116
G15033186

Confraría de pescadores de Ferrol e confraría de pescadores de Barallobre

Rexeneración do banco marisqueiro das Pías (desde embarcación)

63.761,25
28.113,75

PE209B-2015-048

G15035108

Confraría de pescadores de Mugardos

Acondicionamento mariño para a mellora da produtividade na enseada da Barca. Remoción mecanizada e sementeira. Ano 2015

3.145,00

PE209B-2015-050

G36013597

Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa

Acondicionamento do substrato e incremento da superficie produtiva na praia Nova. Segunda fase

9.204,00