Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 42024

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente OA-10-2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OA-10-2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: mellora e asfaltado de camiños con aglomerado asfáltico nas parroquias de Guísamo e Babío (concello de Bergondo).

b) Lugar de execución: concello de Bergondo.

c) Prazo de execución (meses): un (1).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.

4. Orzamento de licitación.

A. Valor estimado: 144.166,30 €; B. IVE (21 %): 30.274,92 €. Importe total A+B= 174.441,22 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de trece (13) días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que rexerá esta contratación, substituíndo a documentación que hai que presentar no sobre A pola declaración responsable segundo o modelo existente no expediente e publicado no perfil do contratante.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.

2ª. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

3ª. Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

9. Solvencia económica-financeira e técnica:

9.1. Documentación acreditativa da solvencia económica e financiera: declaración anual de IVE ou contas anuais. Mínimo de solvencia económica e financiera: do exame da documentación presentada debe resultar un volume de negocios relativo ao último exercicio, igual ou superior á metade do importe do contrato obxecto de licitación.

9.2. Documentación acreditativa da solvencia técnica: relación das obras públicas ou privadas de características e volumes análogos a que se refire o prego, que a empresa teña efectuado dentro dos dez últimos anos, achegando os certificados de boa execución xustificativos que se crean oportunos da realización a plena satisfacción das referidas obras, indicando o importe, as datas e o lugar de execución das obras. Os certificados, no caso de ser obra pública, presentaranse co visto e prace do órgano competente da Administración contratante. Mínimo de solvencia técnica: execución de dúas (2) obras, como mínimo, de natureza análoga á obra obxecto de licitación, que representen un importe conxunto igual ou superior á contía do contrato.

9.3. De conformidade co disposto no artigo 74.2, en relación ao 75.3 e 76.2 do TRLCSP, establécese como clasificación indicativa en contratos do mesmo tipo ao obxecto de licitación, de conformidade co disposto no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, o grupo G, subgrupo 4, categoría e). Se se acredita a clasificación indicada, terá validez como forma de acreditar a solvencia neste contrato, para os efectos do previsto no artigo 65.1 do TRLCSP, non sendo necesaria a presentación da documentación indicada nos puntos G.1 e G.2 da cláusula 7ª do prego.

10. Apertura das ofertas:

a) Data: o terceiro día hábil seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións. No caso de coincidir en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 13.00 horas.

11. Outras informacións: obterase no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego-tipo.

Bergondo, 26 de outubro de 2015

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa