Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 42022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se fai pública a formalización dun contrato para a adquisición, integración, implantación e soporte dun sistema de información para a realización dun piloto no Servizo de Rehabilitación (expediente AB-EIV1-15-013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: adquisición, integración, implantación e soporte dun sistema de información para a realización dun piloto no Servizo de Rehabilitación.

c) Lotes: non.

d) CPV: 72500000-0.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 8.7.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 175.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base da licitación.

Importe neto: 87.500,00 €; IVE (21 %): 18.375,00 €; importe total: 105.875,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 10.9.2015.

b) Data de formalización do contrato: 16.9.2015.

c) Contratista: Tesis Medical Solutions, S.L.

d) Importe de adxudicación: 105.814,50 €, IVE incluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Vigo, 6 de outubro de 2015

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo