Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 41980

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (580/2014).

No presente rolo civil número 580/2014, dimanante do procedemento ordinario número 286/2013 do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Marín, seguido por instancia de NCG Banco, S.A. fronte a CTCCA Marín 2010, S.L. e outro, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Rolo: recurso de apelación (LECN) 580/2014.

Asunto: ordinario 286/2013.

Procedencia: Primeira Instancia número 2 de Marín.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados Francisco Javier Valdés Garrido, María Begoña Rodríguez González e Jacinto José Pérez Benítez, ditou, en nome do rei, a seguinte sentenza número 77.

En Pontevedra, tres de marzo de dous mil quince.

Visto en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario 286/2013, procedentes do Xulgado de Primera Instancia número 2 de Marín, aos que correspondeu o rolo número 580/2014, nos que aparece como parte apelante-demandado: José Manuel Portela Pazos, representado polo procurador José Manuel Montes Acuña e asistido polo letrado Tomás Santiago Fernández, e como parte apelado-demandante: NCG Banco, S.A., representado polo procurador Senén Soto Santiago, e asistido polo letrado Prudencio Barreiro Castro; demandada: CTCCA Marín 2010, S.L., en rebeldía, e sendo relator o maxistrado Francisco Javier Valvés Garrido, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decidimos:

Desestímase o recurso de apelación e confírmase a sentenza de instancia impugnada; todo iso con expresa imposición ao demandado recorrente das costas procesuais da presente alzada.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

Seguen as rúbricas. Certifico.

E encontrándose o devandito demandado, CTCCA Marín 2010, S.L., en paradoiro descoñecido, e para que así conste e remítase ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 30 de marzo de 2015

A secretaria xudicial