Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2015 Páx. 41930

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO para a contratación, por procedemento aberto, da concesión do servizo público do aparcadoiro situado na praza de Portugal.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Transportes. Expediente: 429-449.

2. Obxecto do contrato. Descrición: concesión de servizo público do aparcadoiro situado na praza de Portugal, que inclúe a redacción e execución do proxecto de reforma e a explotación mercantil do aparcamento, locais comerciais adscritos e servizos auxiliares de automoción.

Prazo de execución: 30 anos.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 10.415.010 euros.

5. Garantía provisionail: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante), teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o día 20 de novembro de 2015.

Documentación: a exixida na cláusula 14 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obter información: www.vigo.org

Vigo, 8 de outubro de 2015

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación