Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2015 Páx. 41928

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de nomeamento para o posto de asistente de Alcaldía polo sistema de libre designación.

Por resolución da tenente de alcalde delegada de Persoal, por delegación da Xunta de Goberno local, de data 19 de outubro de 2015, resolveuse o seguinte:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de asistente de Alcaldía deste concello, aprobada pola Resolución da concelleira de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno local, de data 5 de agosto de 2015 (DOG núm. 177, do 16 de setembro).

Segundo. Adxudicar a Aníbal Ledo Patao, de conformidade coa relación de postos de traballo aprobada polo Acordo da Xunta de Goberno local de data 28 de xullo de 2014 e coas características que se describen na seguinte táboa:

Apelidos e nome

Cód. dpto.

Dpto.

Pto. traballo

Gr.

N.

Escala

Ledo Patao, Aníbal

GA4000

Secretaría Alcaldía

Asste. Alcaldía

C1

22

AG/AE

Terceiro. O expresado nomeamento producirá efectos a partir da data de toma de posesión do posto de traballo obxecto da presente convocatoria.

O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. Notifíqueselle a presente resolución ao interesado e ao director da Área de Apoio á Alcaldía.

A Coruña, 23 de outubro de 2015

P.D. (Acordo do 19.6.2015)
Eugenia Vieito Blanco
Concelleira delegada de Facenda e Administración