Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de construción da sinalización turística das vilas termais en Galicia, tramitado polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 19 de maio de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obras de construción da sinalización turística das vilas termais en Galicia.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 785.123,97 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28 de setembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 13 de outubro de 2015.

c) Adxudicataria: Barreras de Seguridad, S.L.

d) Importe de adxudicación: 496.983,47 €, IVE excluído (importe máximo de adxudicación).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia