Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 1 de outubro de 2015 pola que se autoriza a transmisión inter vivos do permiso de actividade e concesión administrativa do establecemento de cultivos mariños Leis 6, sito no Areal Grande de Leis, concello de Muxía.

Unha vez revisado o expediente instruído para efectos de transmisión do establecemento que se cita a seguir e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. O día 27.8.2015 Mariscos Toimil, S.L., con NIF B15931793, inicia un expediente de transmisión da titularidade inter vivos do parque de cultivo Leis 6.

Segundo. As características actuais da instalación son:

– Tipo: parque de cultivo.

– Lugar: Areal Grande de Leis, Muxía, A Coruña.

– Outorgamento: Orde ministerial do 15 de abril de 1954 (BOE núm. 3, do 3 de xaneiro de 1955).

– Remate da vixencia: 29.7.2018.

– Superficie de dominio público: 20.044 m2.

– Especies: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa xapónica (Ruditapes phillipinarum), berberecho (Cerastoderma edulis), berberecho birollo (Cerastoderma glaucum) e ostra plana (Ostrea edulis).

– Titular: Mariscos Toimil, S.L. NIF: B15931793.

Terceiro. Os solicitantes presentan unha memoria técnica que garante unha explotación eficaz do parque e o mantemento dos postos de traballo.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para autorizar a transmisión, de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vistas as disposicións citadas, a Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLVE:

Outorgar a autorización para a transmisión do parque de cultivo descrito no punto segundo dos antecedentes.

Baixo as seguintes condicións e características:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Unha vez transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Unha vez tramitada a transmisión, as participacións na titularidade quedan:

Tapes Aquaculture, S.L., B15850282, cunha participación do 100 %.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a Consellería do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.

A Coruña, 1 de outubro de 2015

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña