Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se realiza a publicidade da revisión da declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 23 de xuño de 2015, para o proxecto de ampliación da explotación de recursos da sección A) Sixirei número 351, no concello de Baralla, promovido por Canteira do Penedo, S.A.

De acordo co artigo 44.6 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, aplicable neste caso, a xefa territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo

RESOLVE:

Dar publicidade á revisión da declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación da explotación de recursos da sección A) Sixirei número 351, situada en terreos do concello de Baralla (Lugo), promovido por Canteira do Penedo, S.A., formulada o 23 de xuño de 2015.

A dita resolución, que se refire a unha superficie de 54.396 m2 cunha designación en coordenadas UTM x=644858.27 e y= 4747009.59 aproximadamente, incorpórase ao expediente e atópase á disposición de calquera interesado nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo) así como no enderezo: http://medioambiente.xunta.es.

Lugo, 28 de setembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo