De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2.
As listaxes de aspirantes admitidos/as poderanse consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.funcionpublica.xunta.es) e estarán á disposición dos/das aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Información e Rexistro dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.
A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
Os/as aspirantes excluídos/as, así como aqueles que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.
Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídos/as.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as
Acceso xeral:
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Carrera Álvarez, Susana |
32649278L |
16, 20 |
Carreño Carreño, Amalia |
34978457B |
16, 20 |
Tinajero Vacas, Susana |
02620479C |
16, 20 |
Vázquez Pena, Eva María |
32805956K |
43 |
Cota específica base I.1.1:
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Fernández Ares, María Teresa |
33819316R |
26 |
Mariño Pose, Víctor Alberto |
52457095Y |
15 |
Tejero Mundiña, Juan Carlos |
32787141C |
16 |
Código |
Descrición |
15 |
Documento xustificativo exención taxas non cotexado |
16 |
Documento xustificativo exención taxas non presentado |
20 |
Taxas non aboadas |
26 |
Documento xustificativo exención taxas con cotexo non válido |
43 |
Desistencia da solicitude |