Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41449

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 5 do Plan parcial do sector Parque Tecnolóxico de Galicia.

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 5 do Plan parcial do sector Parque Tecnolóxico de Galicia, que desenvolve o Plan xeral de ordenación municipal de San Cibrao das Viñas, por Acordo da Xunta de Goberno Local do 8 de outubro de 2015, de conformidade co artigo 86.1 a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

As áreas afectadas son as seguintes: parcela 1M do sector Parque Tecnolóxico de Galicia.

San Cibrao das Viñas, 14 de outubro de 2015

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde