O liquidador da cooperativa Equipos Navales Ecomar, Soc. Coop. Galega, en liquidación, nomeado na asemblea xeral extraordinaria do 24 de outubro de 2014 e en cumprimento do establecido no artigo 94 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, adoptou o acordo de extinción da cooperativa, tras a aprobación do balance final de liquidación cun activo de 0 euros e un pasivo de 0 euros, polo que non procede ningunha adxudicación entre os socios.
O balance final e o proxecto de distribución do activo foron censurados por un auditor externo.
Vigo, 20 de outubro de 2015
Roberto García González
Liquidador