Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Narom Empresa Constructora, S.L.
Domicilio social: Santiago de Ribarteme, 36400 As Neves.
Denominación: LMT y CT en Atios.
Situación: O Porriño.
Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor LA-56 de 40 metros de lonxitude, con orixe no apoio 15 da LMT ATI706 de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no apoio proxectado HV-1000/15, do cal continúa subterránea 6 metros, con conductor RHZ, ata o CT proxectado. Centro de transformación de 400 kVA, RT 15 kV/420 V, situado en Atios, polígono 56, parcela 7, O Porriño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edicifio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 15 de setembro de 2015
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra