Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 26 de outubro de 2015 Páx. 41228

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de tres vehículos patrulla para a Policía Local en réxime de arrendamento con mantemento (renting).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2, 3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: 2015003785 (ref. 2354).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de tres vehículos patrulla para a Policía Local en réxime de arrendamento con mantemento (renting).

c) Lugar de execución/entrega: concello de Ourense.

d) Prazo de entrega: 60 días.

e) Prazo de execución: 4 anos.

f) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: 100 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 126.280,80 euros.

b) O tipo de licitación: Importe neto: 876,95 euros. IVE: 184,16 euros. Importe total: 1.061,11 euros ao mes por vehículo.

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 15 (doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 15 (doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, nº 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, nº 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 16 de outubro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Alcalde