Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 26 de outubro de 2015 Páx. 41231

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo do deseño e produción de carrozas para a cabalgata de Reis 2016.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2, 3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: 2015020464 (ref. 2372).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de deseño e produción de carrozas para a cabalgata de Reis 2016.

c) Lugar de execución/entrega: concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: comezará coa sinatura do contrato e finalizará ás 23.59 horas do día 5 de xaneiro de 2016.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 92331210-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: ata 55 puntos.

Valoración artística e técnica dos bosquexos, ata 45 puntos:

– Adaptación á temática proposta polo Concello de Ourense, O mundo máxico: ata 20 puntos.

– Orixinalidade e innovación da proposta: ata 10 puntos.

– Calidade artística dos elementos que conforman cada carroza: ata 10 puntos.

– Composición e colorido da proposta: ata 5 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 33.057,85 euros.

b) O tipo de licitación. Importe neto: 33.057,85 euros. IVE: 6.942,15 euros. Importe total: 40.000,00 euros.

5. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 15 (doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 15 (doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, nº 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, nº 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 16 de outubro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Alcalde