Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 26 de outubro de 2015 Páx. 41170

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (233/2015).

Eu, Lucía García González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, fago saber que no xuízo de divorcio contencioso número 233/2015, seguido neste xulgado por instancia de Manuel Novás Nores, se ditou sentenza número 113/2015, cuxa parte dispositiva se xunta:

Vistos por Lorena Fernández Márquez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, os presentes autos de divorcio contencioso 233/2015, seguidos por instancia de Manuel Novás Nores, representado pola procuradora dos tribunais Sra. Fernández Barbosa e dirixido polo letrado Sr. Rodríguez Alonso, fronte a Edilma Aparecida Jungles de Carvalho, en situación procesual de rebeldía.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución:

Con estimación da demanda interposta por Manuel Novás Nores fronte a Edilma Aparecida Jungles de Carvalho, debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio formado polo demandante e a demandada, inscrito no Rexistro Civil de Salceda de Caselas, tomo 23, páxina 9, sección 2ª, con disolución do réxime económico matrimonial e demais efectos legais inherentes á dita declaración.

Non procede facer expresa imposición de custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que resolverá Audiencia Provincial de Pontevedra e que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de 20 días contado desde a notificación da presente resolución.

Expídase e únase certificado desta sentenza ás actuacións e lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Así, por esta sentenza, o pronuncia, manda e asina Lorena Fernández Márquez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño e o seu partido.

E para que sirva de notificación en legal forma a Edilma Aparecida Jungles de Carvalho, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 23 de setembro de 2015

A secretaria xudicial