De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña e polo instrutor dos expedientes, respectivamente.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, nº 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 2 de outubro de 2015
José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Expediente: CON-CO-0029/2015-V.
Denunciado: Carlos Fernando Mejuto Varela.
Acto de notificación: acordo de iniciación.
Expediente: ANP-CO-0058/2015-V.
Denunciado: Diego Doce Pardo.
Acto de notificación: acordo de iniciación.
Expediente: ANP-CO-0061/2015-V.
Denunciado: Alejandro Tarrío Blanco.
Acto de notificación: acordo de iniciación.
Expediente: ANI-CO-0004/2015-V.
Denunciada: Cirkus Kaos, S.L.
Acto de notificación: proposta de resolución.