De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña e pola instrutora.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita no Edificio Administrativo Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 2 de outubro de 2015
José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2014-0056.
Interesada: Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L.
Acto notificado: imposición de multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2014-0090.
Interesado: Alejandro Dopico Veiga.
Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2014-0130.
Interesado: José Paz Prieto.
Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2015-0175.
Interesado: Stefan Mutuliga.
Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.