En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 29 setembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 6 de outubro) pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2014/15, e de conformidade co establecido no artigo 8 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,
DISPOÑO:
Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2014/15 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.
Segundo. O xurado poderá dispoñer a constitución dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración dos méritos dos aspirantes.
Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015
Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa
ANEXO
Xurado de selección.
a) Modalidade de Música.
Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Vogais:
Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.
Gustavo Lorenzo Prozzo, inspector de educación.
Mª Teresa Bárbara Criado, profesora de Música e Artes Escénicas.
Secretaria: Rosa Giao Sánchez, asesora técnica da Subdirección Xeral Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, que actuará con voz e sen voto.
b) Modalidade de Danza.
Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Vogais:
Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.
Concepción Aramburu Sánchez, inspectora de educación.
María Ángeles Gayoso Diz, profesora de Música e Artes Escénicas.
Secretaria: Rosa Giao Sánchez, asesora técnica da Subdirección Xeral Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, que actuará con voz e sen voto.
c) Modalidade de Artes Plásticas e Deseño.
Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Vogais:
Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.
Jesús Risueño López, inspector de educación.
Gonzalo Porral Mato, profesor de Artes Plásticas e Deseño.
Secretaria: Rosa Giao Sánchez, asesora técnica da Subdirección Xeral Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, que actuará con voz e sen voto.