Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40934

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de outubro de 2015 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, dos/das aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Orde do 8 de outubro de 2015 (DOG núm. 196, do 14 de outubro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios/as do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, os/as aspirantes aprobados/as que se relacionan no anexo desta orde, ordenados/as de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 19 de outubro de 2015.

Para adquiriren a condición de funcionarios/as, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

Anexo

Núm.

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

1

36172013M

Álvarez Civeira, Noemí

3

FCA291000036001110

FC

Xefatura
de equipo

A1/A2

25

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación de Pontevedra

Pontevedra

2

80081206J

Martínez Serván, Claudia

5

FCC030003036560010

FC

Xefatura
de sección I

A1/A2

25

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Intervención Territorial de Vigo

Vigo

3

76366414C

Eiroa Fondo, Ana María

1

FCA291000027001076

FC

Xefatura
de equipo

A1/A2

25

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación de Lugo

Lugo

4

44848859D

Balo Rodríguez, Rubén

4

FCA291000036560226

FC

Subxefatura de unidade de inspección

A2

24

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación de Vigo

Vigo

5

34880028E

Canoura Lamelas, Silvia

2

FCA291000027001077

FC

Xefatura
de equipo

A1/A2

25

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación de Lugo

Lugo