Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40936

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de outubro de 2015 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, dos/das aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Orde do 8 de outubro de 2015 (DOG núm. 196, do 14 de outubro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios/as do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, os/as aspirantes aprobados/as que se relacionan no anexo desta orde, ordenados/as de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 19 de outubro de 2015.

Para adquiriren a condición de funcionarios/as, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

Anexo

Núm.

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

1

34893479H

Lozano del Río, Ana

1

FCC030000115770007

FC

Xefatura
de sección

A1/A2

25

Intervención xeral da Comunidade Autónoma

S. X. de Fiscalización e Control Interno

Santiago de Compostela

2

46912810D

Leis Mol, Pablo

2

FCC030000415770037

FC

Técnico/a
de auditoría

A1/A2

25

Intervención xeral da Comunidade Autónoma

S. X. de Control Financeiro Permanente e Auditoría do Sector Público

Santiago de Compostela

3

53172075P

Míguez Pastoriza, Clara

3

FCC030000515770009

FC

Xefatura
de sección

A1/A2

25

Intervención xeral da Comunidade Autónoma

S. X. de Coordinación e Relacións co Consello de Contas

Santiago de Compostela