Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40742

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 10 de xuño de 2015 pola que se convocan axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia para o ano 2015.

No Diario Oficial de Galicia núm. 117, do 23 de xuño de 2015, publicouse a Orde da antiga Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, e en cumprimento do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

Helena de Lucas de Santos
Directora xeral de Mobilidade

ANEXO

Subvencións concedidas a asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou ás federacións destas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia para o 2015 (aplicación orzamentaria: 2015.07.04.512A.481.1).

Os importes totais foron outorgados para o financiamento dos plans formativos presentados polos beneficiarios.

NIF

Entidade

Importe

G15624281

Anetra

17.011,13 €

G15086358

Fegatramer

111.745,50 €

G36627719

Asetranspo

54.288,96 €

G70037544

Galeval

2.287,70 €

G32400293

Fegatrans

61.797,32 €

G70209234

Fegatravi

32.174,49 €

G15640808

Transgacar

26.865,85 €

G70231121

Urbanos

9.180,14 €

G32345670

Fetram

45.343,45 €

G15353543

Fegataxi

29.471,59 €

V15086341

Fegabus

8.128,87 €

Total: 398.295,00 €