Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40740

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2015, da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2014, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade, para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido na norma 7.3 dos criterios de repartición do Fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2014, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do 12 de marzo de 2015 e publicados pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 13 de marzo de 2015 (DOG núm. 53, do 18 de marzo), o anuncio de exposición das listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Dado que nas listaxes preceptivas figuran datos de carácter identificativo, de características persoais, económicos ou de saúde protexidos pola Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, cuxa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade dos/as solicitantes ou dos/as causantes das axudas, cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Dando cumprimento ao prescrito, esta dirección xeral, transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 31 de xullo de 2015 (DOG núm. 166, do 1 de setembro) e unha vez concluídos os traballos de revisión das reclamacións presentadas,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do Gondo de acción social do exercicio económico do ano 2014.

Segundo. Facer públicas as listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de acción social do exercicio económico 2014 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS

Para o coñecemento íntegro do acto as persoas solicitantes deberan introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.

Segundo. Contra a resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo de axuda

Entradas

Aprobadas

Denegadas

Importe euros

1. Atención de persoas con discapacidade

586

520

66

727.345,80