Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 29 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se require documentación ás persoas solicitantes de diversos procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5, 61 e 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día cos requirimentos de emenda ditados nos procedementos instados polos/as interesados/as, requíreselles para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, acheguen os documentos que se indican no anexo, advertíndolles que, de non facelo así, se considerará que desisten da súa petición, logo de resolución que se ditará nos termos previstos no artigo 42 da dita lei. No mesmo prazo antes sinalado e de acordo co previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representados, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 29 de setembro de 2015

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expte.

Concello

Documentación requirida

Efectos

Suárez Fernández, Kevin

44655780S

416/I/15

Santiago de Compostela

Opción PF-PNC

Desistido

Vellon Montesino, Silvia Neri

47438113S

535/X/15

A Coruña

Padrón de conviventes e pasaporte

Desistido

Georgeta Voicu S/S

X8349654X

444/X/15

Ribeira

Contradición

Desistido

León León, Esther

49330055T

520/X/15

Arteixo

Pasaporte

Desistido