Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento de reintegro das axudas á contratación indefinida inicial, reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), relativa aos expedientes TR348A 2011/13-2 e tres máis.

Intentada a notificación dos acordos do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, polos que se inicia o procedemento de reintegro das subvencións concedidas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido dos ditos actos, que figuran no anexo, para que poidan ter coñecemento deles.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que xulguen pertinente, ante esta xefatura territorial.

Os interesados durante este prazo poderán presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 28 de setembro de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2011/13-2.

Nome: Oxford 2011, S.L.

DNI/NIF: B27399062.

Axuda: programa de fomento da contratación indefinida inicial.

Orde reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), anexo A.

Último enderezo coñecido: rúa Álvaro Cunqueiro, 40 B, 27780 Foz (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, do anexo A da orde de convocatoria.

Contido do acto administrativo: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Data do acordo: 8 de setembro de 2015.

Nº de expediente: TR348A 2011/34-2.

Nome: Telecomunicaciones Dope, S.L.

DNI/NIF: B27395623.

Axuda: programa de fomento da contratación indefinida inicial.

Orde reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), anexo A.

Último enderezo coñecido: avenida das Américas, 59 ent., 27004 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, do anexo A da orde de convocatoria.

Contido do acto administrativo: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Data do acordo: 20 de agosto de 2015.

Nº de expediente: TR348A 2011/136-2.

Nome: Erika Rosángel Díaz Rodríguez.

DNI/NIF: 34302162P.

Axuda: programa de fomento da contratación indefinida inicial.

Orde reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), anexo A.

Último enderezo coñecido: praza de Alacante, 2, 3º D, 27004 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, do anexo A da orde de convocatoria.

Contido do acto administrativo: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Data do acordo: 31 de agosto de 2015.

Nº de expediente: TR348A 2011/205-2.

Nome: Avilaco Vilar, S.L.

DNI/NIF: B27422187.

Axuda: programa de fomento da contratación indefinida inicial.

Orde reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), anexo A.

Último enderezo coñecido: lg. Vilar, 15, 27700 Ribadeo (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, do anexo A da orde de convocatoria.

Contido do acto administrativo: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Data do acordo: 3 de setembro de 2015.