Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 422/2015, do 25 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 25 de xuño de 2015, pronunciou a Sentenza 422/2015, ditada no procedemento ordinario 4220/2014, interposto por Aguas de Fontenova, S.A., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por Aguas de Fontenova, S.A., contra a Orde do 7 de febreiro de 2014, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se outorgou aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal do concello de Monterrei, do cal anulamos o artigo II-50).2.a), desestimado o recurso en todo o demais. Non se fai imposición das custas do recurso».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo