Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 21 de setembro de 2015, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se require a retirada dos mobles das vivendas desocupadas, de titularidade deste instituto, situadas no Poboado Mineiro de Fontao, vivenda 48, bloque 5, ALT L-D e vivenda 2, bloque 1, baixo C-D, Vila de Cruces, Pontevedra, a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles (expediente PO-2001NR/01 conta 48 e PO-2001NR/01 conta 2).

Requírense aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os mobles que se atopan nas vivendas desocupadas, de titularidade do IGVS, situadas no Poboado Mineiro de Fontao, vivenda 48, bloque 5, ALT L-D e vivenda 2, bloque 1, baixo C-D,Vila de Cruces, Pontevedra, para que, unha vez acreditado, os retiren dos inmobles no prazo de quince (15) días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1ª da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 36071 Pontevedra, teléfono: 986 80 56 18).

A eficacia deste anuncio queda supedita á súa publicación no TEU do BOE.

Expido, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 21 de setembro de 2015

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra