Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 15 de setembro de 2015, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do dominio público portuario do porto de Espasante por parte de Marco Enrique Martínez Reimunde, con destino á explotación de bar restaurante nas instalacións da antiga lonxa.

Marco Enrique Martínez presenta escrito de solicitude dunha concesión administrativa dentro de dominio público portuario do porto de Espasante con destino á explotación de bar restaurante nas instalacións da antiga lonxa.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 15 de setembro de 2015

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte