Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40574

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN de erros. Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos.

Advertidos erros no Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 157, do 19 de agosto, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na disposición adicional terceira, na páxina 33946, onde di: «O Consello Reitor da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde aprobará a proposta do primeiro contrato plurianual de xestión da Axencia no prazo de tres meses desde a súa constitución.», debe dicir: «O Consello Reitor da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde aprobará a proposta do primeiro contrato plurianual de xestión da Axencia no prazo de tres meses desde a posta en funcionamento da Axencia.».

– No artigo 9.m), na páxina 33962, onde di: «m) Actuar como órgano de contratación da Axencia, sen prexuízo da delegación contida no artigo 15.3.c) dos presentes estatutos.», debe dicir: «m) Exercer calquera outra función técnica, material ou xurídica que, respecto das materias da súa competencia, se lle encomende á Axencia.». En consecuencia, suprímese a letra n).

– No artigo 11.2, na páxina 33964, inclúese unha nova letra i) do seguinte teor literal: «i) Actuar como órgano de contratación da Axencia, sen prexuízo da delegación contida no artigo 15.3.c) dos presentes estatutos.».

– No artigo 15.3.c), na páxina 33969, onde di: «c) Actuar por delegación da persoa titular da consellería de adscrición, no ámbito dos contratos do sector público, como órgano de contratación da Axencia, tendo en conta a delegación prevista no artigo 11.2.m), e sen prexuízo do sinalado no artigo 13.o) destes estatutos. Precisará a autorización do Consello da Xunta de Galicia cando, por razón da contía, lle corresponda a este autorizar o gasto.», debe dicir: «c) Actuar por delegación da persoa titular da consellería de adscrición, no ámbito dos contratos do sector público, como órgano de contratación da Axencia, tendo en conta a delegación prevista no artigo 11.2.i), e sen prexuízo do sinalado no artigo 13.o) destes estatutos. Precisará a autorización do Consello da Xunta de Galicia cando, por razón da contía, lle corresponda a este autorizar o gasto.».

– No segundo parágrafo do artigo 25.2, na páxina 33982, onde di: «O Consello Reitor aprobará a proposta do primeiro contrato plurianual de xestión no prazo de tres meses desde a súa constitución.», debe dicir: «O Consello Reitor aprobará a proposta do primeiro contrato plurianual de xestión no prazo de tres meses desde a posta en funcionamento da Axencia.».