Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de licitación.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 9 de outubro de 2015, acordou aprobar o expediente de alleamento do ben que a seguir se detalla:

1. Entidade adxudicataria: Concello da Cañiza (Pontevedra).

2. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

3. Obxecto: alleamento da parcela nº 10 do polígono industrial da Cañiza, zona sur (4.031 m2).

4. Tramitación: urxente.

5. Procedemento: aberto cun único criterio de valoración (poxa).

6. Orzamento de licitación: setenta e nove mil seiscentos vinte euros con cincuenta e oito céntimos (79.620,58 €). O prezo incrementarase na porcentaxe correspondente ao IVE.

7. Obtención de información: Concello da Cañiza, Secretaría Xeral 986 65 10 00-1, perfil do contratante www.caniza.org e anxos@caniza.org

8. Lugar e forma de presentación de proposicións: artigo 9 do PCAP.

9. Data límite de presentación de proposicións: ata as 14.00 horas do oitavo (8º) día natural seguinte á derradeira publicación deste anuncio (BOP, DOG ou perfil do contratante).

10. Apertura de proposicións: artigo 12 do PCAP.

11. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ata un importe máximo de 1.000 €.

A Cañiza, 9 de outubro de 2015

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde