Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente de expropiación dunha parcela ocupada por unha gasolineira en Liáns.

Por Resolución desta alcaldía nº 3603, do 10 de setembro de 2015, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación de parcela ocupada pola gasolineira na confluencia da avenida de Concepción Arenal (AC-173) coa avenida de Emilia Pardo Bazán (CP-5812), ref. catastral nº 3296202NH5939N, en Liáns.

De conformidade cos artigos 143 e 144 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 21 de setembro de 2015

Ángel García Seoane
Alcalde presidente