Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40473

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao Instituto de Estudos do Territorio (IET).

En virtude do disposto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procédese a publicar o contido da encomenda de xestión ao Instituto de Estudos do Territorio (IET) para a realización dos traballos de produción e xestión da información xeográfica necesaria para a redacción do Plan director de acuicultura do litoral:

– Actividade: realización dos traballos técnicos para a produción e xestión da información xeográfica necesaria para a redacción do Plan director de acuicultura do litoral.

– Natureza e alcance da encomenda de xestión: esta encomenda ten natureza intrasubxectiva ao ter o IET a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto no artigo 47.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e concorreren as circunstancias previstas no artigo 9.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro.

– Período de vixencia: o período de execución comeza o 3 de setembro de 2015 e terá unha duración de tres (3) meses; está prevista a posibilidade de prórroga.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar