Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40418

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 6 de outubro de 2015, da Xerencia Municipal de Urbanismo, da contratación do servizo da Oficina de Rehabilitación da Vivenda, por procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora: Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, servizos centrais. Número de expediente 8436/407.

2. Obxecto do contrato: servizo de xestión da Oficina de Rehabilitación da Vivenda.

3. Tramitación e procedemento:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 492.531,56 euros (IVE 21 % incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 03 46. Fax: 986 22 47 80. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económico-financeira e técnica conforme os pregos (cláusula 8.4.4º das administrativas particulares e medios persoais previstos no punto 6.E) das follas específicas da contratación (FEC).

8. Presentación de ofertas: o prazo rematará o 3 de novembro de 2015. Documentación: a exixida no número 7 das follas específicas da contratación do prego de cláusulas administrativas particulares. Lugar de presentación: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo (praza do Rei, s/n, ata as 13.30 horas do último día de prazo ou nas formas previstas na cláusula 12ª) ou no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, na mesma praza do Rei, s/n, se é sábado.

9. Apertura das ofertas técnica e económica (entidade, domicilio e localidade): véxase o punto 6 do anuncio (a data e a hora anunciarase no perfil do contratante).

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 6 de outubro de 2015

María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo