Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40415

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato da xestión, mediante concesión administrativa, do servizo público de escola infantil do concello de Oroso (expediente 2015/058).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3º. Localidade e código postal: Oroso 15888.

4º. Teléfono: 981 69 14 78.

5º. Telefax: 981 69 17 86.

6º. Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2015/058.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: xestión mediante concesión administrativa do servizo público de escola infantil municipal do Concello de Oroso.

c) Lugar de execución/entrega: concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: véxase o artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con pluralidade de criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: véxase o artigo 12 do prego.

4. Orzamento base de licitación: o importe da subvención anual á explotación que se outorga ao concesionario cífrase en 187.500 euros (non devindica IVE).

5. Garantías exixidas: definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 951.656,49 euros.

7. Requisitos específicos do contratista: véxanse as cláusulas 3 e 4 do prego,

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

2º. Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3º. Localidade e código postal: Oroso 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios, cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 5 de outubro de 2015

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde